A Agrupación “Agrocovo” de Esteiro celebra o seu IV Festival Folclórico


Se Louro está pendente do Festival polos 25 anos de Ximiela, a Alameda de Esteiro convertirase, un ano máis, nun centro cultural onde queda de manifesto a tradición folclórica máis arraigada dos nosos antepasados: a música e a danza. A cita será este sábado 11 de maio a partir das 17:00h e será unha mostra do traballo que fan as agrupacións folclóricas esteirás durante todo o ano.
E non só é unha mostra da música e o baile, se non tamén, unha expresión do gusto polo traxe rexional. A variedade na indumentaria e nos seus complementos é inmensa, e, ao contemplalos, queda demostrado o agarimo no traballo da elaboración, así como o interese por manter a fidelidade cos traxes cos que ían ataviados os nosos antepasados.
Desde a Agrupación “Agrocovo” sempre aposta pola "defensa do noso, da nosa cultura folclórica, da danza, da música, da vestimenta". E recordan quen son as agrupacións participantes:
- "Sementes da Arte” de Ordes.
- ”O Pedrón” de Padrón.
- ”A Mámoa de Luou” de Teo.
- ”Santiaguiños” de Boimorto.
- ”Xeitura” de Esteiro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).