luns. 11.05.2026
El tiempo

Muros executa melloras na rede de saneamento na Costa de Baño

obras de saneamento en Baño-Muros
Obras de saneamento en Baño
Muros executa melloras na rede de saneamento na Costa de Baño

A Brigada de Obras do Concello de Muros está a executar unha actuación de mellora do saneamento na Costa de Baño, financiada integramente con fondos propios municipais.
Os traballos consistiron na substitución de 70 metros de tubería de gres por unha nova condución de PVC, co obxectivo de mellorar o funcionamento da rede de saneamento nesta zona.
A actuación inclúe tamén a construción de tres arquetas de rexistro para facilitar a supervisión ante posibles atascos.

Dende o Concello sinalan a importancia de "mellorar o saneamento nas distintas parroquias e núcleos do concello, realizando actuacións que permiten modernizar as infraestruturas públicas e ofrecer un mellor servizo á veciñanza”, como sinala a concelleira Laura Rivanedeira. A alcaldesa, María Lago, engade que este tipo de intervencións “son fundamentais para garantir o correcto funcionamento da rede e evitar problemas futuros”. “O saneamento é desde 2023 unha prioridade estratéxica para o goberno local de Muros”, lembra María Lago, “con dous millons de euros xa investidos neste servizo público, tan importante ademais para o sector marisqueiro”.
Agora, na Costa de Baño será necesario deixar pasar un período de tempo para permitir o asentamento natural do terreo antes de acometer a reposición definitiva do firme da estrada, que se executará nos próximos días.

Comentarios