A ESMU de Muros prepara o seu fin de curso
08:07 02/06/16
A escola de música municipal de Muros ofrecerá os vindeiros días varios concertos a modo de fin de curso no que interpretarán un amplo repertorio que incluirá dende pezas clásicas ata as máis modernas a través de distintos instrumentos. O primeiro deles será este sábado, 4 de xuño, ás 13 horas na praza do Curro. Alí actuarán o coro da ESMU coa colaboración de "As Lens".
A seguinte actuación chegará da man dos alumnos e alumnas da ESMU xunto co grupo de ballet "Colexio de Ramón Artaza". Será o xoves, 9 de xuño, ás 18 horas na casa da Cultura de Muros. Xa o venres, ás 13 horas, o colexio Ricardo Tobío de Esteiro acollerá un concerto.
A "xira" da ESMU remata o xoves, 16 de xuño, cun concerto na praza do Curro e que contará coa colaboración do grupo de ballet "Colexio de Louro". A cita será ás 18 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).