Venres. 04.10.2024
El tiempo

A mocidade recupera o Espírito en Muros

A mocidade recupera o Espírito en Muros

Menos mal que á mocidade gústalle a festa, porque se non outra das festas con máis tradición de Muros morrería. Aqúi vemos á nova Comisión de Festas do Espírito Santo en Muros, que está a resucitar unha festa que por motivos de deixadez e falta de tempo da anterior comisión, estaba morrendo. Eles son Alicia e Sergio (na fila de arriba), e Noelia, Cristina e Adela (na fila de abaixo); e todavía faltan os Adrián, Iago e Álvaro, que tamén traballan arreo casa por casa para conseguir que a festa se sosteña.

Os memos mozos lembran que "os vellos din que era unha das mellores festas do lugar", e a xuventude muradá, pouco a pouco, están intentando reinventala cunha festa destinada a pasalo ben, sobre todo a xuventude e os nenos, donde todo mundo será ven recibido.

3 días de Festas

Serán 3 días (sábado 26, domingo 27 e luns 28 de maio) de festa, con deporte e boa música no Campo de Cortes.

Sábado 26 de maio - Día da Xuventude

  • Carreira pedestre Espiritu Santo. ás 17:00h as categorías infnatís e ás 18:00h a absoluta. Cómpre inscribirse en [email protected] e tendes máis informacion en correrengalicia.org.
  • Verbena a partir das 23:00 con Grupo revelacion 2011- MIDAS.
  • Discomovil factory con gogos, djs, festa da espuma, etc.

Domingo 27 de maio

  • 17:30: Partido de solteiros contra casados.
  • Actuacion do grupo folclórico LONGARELA.

Luns 28 de maio - Día de nenos e maiores

  • 17:45- Actuacion do mago Peter Punk.
  • 18:45-21:00- Inchables gratis.
  • 20:30- Verbena amenizada co dúo satélite.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios