Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Abren o prazo de inscrición da X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros

Carreira Solidaria de Muros-Atleta
Abren o prazo de inscrición da X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros

Este venres, 15 de setembro, abre o prazo de inscricións para a X Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros, unha proba que se levará a cabo o 4 de novembro cun emocionante circuíto de 10 quilómetros xunto ao mar. Esta carreira ofrecerá ás persoas participantes a oportunidade de gozar dun percorrido chan e vistoso á beira do mar, ideal para mellorar as súas marcas persoais.

A proba forma parte do IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña, polo que atrae a corredoras/es de toda a provincia.

A carreira servirá para recadar fondos en favor de Cáritas de Muros, entidade que traballa para erradicar a desigualdade na comarca, axudando aos que máis o necesitan.

Para adult@s, hai dúas distancias, 10 quilómetros ou 5,5 quilómetros, o que fai que a carreira sexa accesible para deportistas de todos os niveis. As nenas e os nenos tamén serán participes da proba.

As inscricións abren o venres, 15 de setembro ás 10.00 h e pódense realizar en liña na web de emesports.

CARTEL-X_CARREIRA_SOLIDARIA_PISCINA_MUNICIPAL_MUROS

Comentarios