Martes. 11.05.2021
El tiempo

Adisbismur lembra a importancia da X Solidaria na declaración da renda para as familias da diversidade

X SOLIDARIA-ADISBISMUR
Adisbismur lembra a importancia da X Solidaria na declaración da renda para as familias da diversidade

Xa nos contaron todo o material que puideron adquirir gracias á X Solidaria da Declaración da Renda. Por iso, en plena campaña, a familia de Adisbismur vén de representar unha X na entrada do seu centro para pedirlle ás persoas contribuíntes que marquen a X Solidaria, o recadro 106 de Fins Sociais cando fan a declaración da renda.

O Centro OCupacional de Valadares é un dos obradoiros ocupacionais e de rehabilitación que se benefician dese 0,7% que cedemos dos nosos impostos cando marcamos a X solidaria. De aí a importancia, nesta tesitura de crise, que as ONG galegas se unan a esta campaña

Lembran que en Galicia, 735.705 persoas que presentaron a Declaración da Renda 2020 marcaron o recadro de “Actividades de interese social”, 19.504 máis que en 2019, pero aínda a día de hoxe 594.110 persoas seguen sen marcar a X Solidaria. Se todas as galegas e galegos marcásemos a X Solidaria, a asignación final en Galicia sería de 32.277.163 euros (12.984.780 máis do recadado).

Podedes informarmos máis en www.xsolidaria.org. E lembra que podes sinalar as dúas casas, a da Igrexa e a das “Actividades de interese social”.

Novas relacionadas

comentarios