Venres. 29.03.2024
El tiempo

A X Solidaria da Declaración permite que Adisbismur adquira gran cantidade de material para os seus obradoiros

Persoa usuaria de ADISBISMUR
Persoa usuaria de ADISBISMUR
A X Solidaria da Declaración permite que Adisbismur adquira gran cantidade de material para os seus obradoiros

Cando facemos a Declaración da Renda, temos que ser conscientes as consecuencias de indicar para que destinamos o noso 0,7% do IRPF. Importante ter en conta que cando marcamos cunha X o recadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social estamos fvorecendo iniciativas directas como a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur).

Así nolo quere explicar COGAMI, que explica que o centro muradán puido adquirir unha gran cantidade de material os seus obradoiros ocupacionais e de rehabilitación no centro ocupacional e de atención diúrna e terapéutica en Valadares gracias á financiación da X Solidaria.

Concretamente puideron empregar 7.092,92 € chegados directamente das nosas declaracións en equipamento novo para os obradoiros ocupacionais de cestería, cerámica e viveirismo, ademais de xogos terapéuticos dirixidos a mellorar a comprensión, a expresión, a linguaxe, a lectura e a fonoloxía das persoas que acoden a logopedia.
Para o ximnasio de fisioterapia encargaron unhas paralelas con monorraíl porque facilitan a marcha en persoas que precisan a axuda doutras para deambular.

Obradoiro de cerámica de ADISBISMUR
Así é o obradoiro de cerámica de Adisbismur

Nestes obradoiros participan un total de 48 persoas usuarias da asociación ADISBISMUR, tendo como finalidade adquirir habilidades básicas prelaborais, favorecer a integración socio laboral intentando a promoción ao mundo laboral, mellorar a autonomía persoal e polo tanto, mellorar a súa calidade de vida, e deter procesos dexenerativos.

Comentarios