Venres. 26.04.2024
El tiempo

Alertan da presenza na comarca do Xacinto de auga, unha das 100 especies invasoras máis perigosas do mundo

Jacinto nas praias de Muros-Foto-Manuel María Candamo
Xacinto nas praias de Louro-Foto-Manuel María Candamo
Alertan da presenza na comarca do Xacinto de auga, unha das 100 especies invasoras máis perigosas do mundo

O Xacinto de auga común ichhornia crassipes] é unha planta acuática que se atopa na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo (mesmo no top20). Unha lista na que aparecen moitos pequenos animais, pero poucas especies de flora, o que dá conta da súa perigosidade.

Estas semanas, están aparecendo numerosos exemplares por todo o litoral costeiro, sobre todo pola zona sur. Dende ADEGA, Ramsés Pérez, confirma que “é unha das planta na que máis cartos se gastan en España para a súa eliminación, xunto coas canas rundo donax]”, sinalando que polo sur, por ríos como o Guadalquivir está a ser un verdadeiro problema “medioambiental pero tamén económico”.

O seu perigo radica en que sendo unha planta flotante (provinte de Sudamérica), chega a ”ocupar por completo a lámina de auga, e impide que o sol chegue aos fondos dos ríos, lagos… e que se complete o ciclo vital”, segundo explica Ramsés.

Deste xeito, se ben no mar non son tan perigosas, podería supoñer un gran perigo, por exemplo, para a biodiversidade da Lagoa das Xalfas, a lagoa de Louro.

Jacinto nas praias de Muros 3
Foto: Manuel María Candamo

En Galicia están a chegar porque "unha boa parte dos ríos de Portugal están absolutamente infectadas, e coas chuvias de outono, estas plantas flotantes que non están enraizadas, coas correntes de suradas veñen cara o norte e acaban nas praias galegas”.

Asegura que no mar soen perecer, pois é unha especie de auga doce, pero teñen moita fortaleza e alta capacidade de resistencia. De feito, hai unhas semanas nunha limpeza cun centro educativo nas praias do Grove, atoparon moitas e un 20% aínda estaban vivas.

Deste xeito, avisan de que non se pode manipular invasoras, é necesario pedir permisos mesmo transportalas, e que se se ven nas praias non pasa nada, pero se alguén ve algunha na Lagoa de Louro ou en zonas de auga doce, que avise ao Seprona.

Jacinto nas praias de Muros 2
Foto: Manuel María Candamo

Comentarios