Martes. 19.03.2024
El tiempo

O alumnado do CEIP Ramón de Artaza de Muros descubriu o cultivo do shiitake

visita alumnado do CEIP Ramón de Artaza de Muros
Visita do alumnado do CEIP Ramón de Artaza de Muros a Miceltia.
O alumnado do CEIP Ramón de Artaza de Muros descubriu o cultivo do shiitake

Este luns 9 de decembro, o alumnado de terceiro de primaria do colexio CEIP Ramón de Artaza de Muros achegouse a pé a coñecer Miceltia, unha pequena e orixinal empresa familiar de cultivo do shiitake, un fungo de orixe asiática, consumido tradicionalmente en países como Xapón e China.

shiitake

Rapaces e rapazas puideron ver as diferentes fases do cultivo do fungo e incluso puideron cortalos coas súas propias mans. Manola e Juno, os donos da empresa, mostráronlles  aos pequenos, de xeito moi lúdico e didáctico, o proceso de cultivo deste fungo con innumerables propiedades nutricionais.

visita do alumnado do CEIP Ramón de Artaza de Muros

O alumnado veu encantado de volta ao colexio coas sacas de sustato para o seu cultivo na escola. Todo un exemplo de novos emprendedores no rural que serven de exemplo  ás novas xeracións.

Comentarios