Venres. 22.11.2019
El tiempo

Aparece o corpo sen vida dun home na dársena de Muros

Aparece o corpo sen vida dun home na dársena de Muros
Un home falecía tras caer o seu coche ao mar no peirao de Muros-Foto-Jesús Fernández O corpo foi atopado na mesma zona onde un home perdía a vida ao caer ao mar no seu vehículo en 2016, suceso que vemos na imaxe de Jesús Fdez.

Mañá de sobresalto en Muros a deste domingo 3 de xuño. Eran as 9:00h cando atopaban un corpo sen vida dun varón flotando na dársena de Muros, á altura do pantalán de embarcacións tradicionais, xusto na mesma zona na que a finais de 2016 un home perdía a vida ao caer ao mar no seu vehículo.

Ao lugar acodiron Garda Civil, Policía Local, 061 e GES, pero nada puideron facer. Foi precisa a chegada do forense para certificar a súa morte, e o corpo foi recollido polos servizos funerarios.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/aparece-en-fisterra-un-corpo-flotando-mar/  

Fonte

Comentarios