Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Arrinca con Xeito en Muros a XIV edición da Mostra de Teatro Xosé Agrelo

XIV-Mostra-de-teatro-Xose-Agrelo
Arrinca con Xeito en Muros a XIV edición da Mostra de Teatro Xosé Agrelo

Dá comezo esta fin de semana en Muros coas dúas primeiras funcións a XIV edición da Mostra de Teatro Xosé Agrelo. Dous grupos de longa traxectoria no teatro galego como Andaravía, de Vedra e o grupo de teatro da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro abren o telón dun programa que continuará con marea de espectáculos ata o 21 de maio.

Unha mostra que pon en valor, como fan na Mostra de Teatro Afeccionado de Zas tamén activa durante este mes de maio, a importancia do esforzo dos centos de actores e actrices voluntari@s que enchen de cultura o noso país.

As obras serán ás 21:00h no Centro Cultural e Xuvenil de Muros. As entradas son de balde, ate completar aforo, mais poden ser reservadas por anticipación nas oficinas do centro cultural.

O venres, 6 de maio, 21:00 h. Andaravía trae “Xacovedra”, unha comedia apta para tódolos públicos, un espectáculo de variedades do que é autor e director Manuel Cortés.

Xa o sábado, 7 de maio, acompañía A.C. O Xeito de Esteiro, presenta “ÁM@TE”. Unha oportunidade para ver á veciñanza esteirá baixo a dirección de Xosé Taxes: Esperanza Brea, Rosario Figueiras "Charo", Mari Carmen Lariño, Olaia Lestón "de Rafaela", Carmen Martelo "Martelo", Moncho Mayo "Hassan", Rodrigo Molinos "O Bolato", Xulio Montes, Carlos Outeiral "Langas", Manuel Priegue "París", Ana del Río “Trión”, Uxía Valcarce “Uxi”.
O Xeito reflexiona e interpreta a nosa realidade. Deste xeito, din, esta vella arte convértese no espello que pretendía Pirandello: "Se se puxese o ser humano ante un espello e observase como vive, suicidaríase ou morrería de risa”.

Máis programa

Estas son as vindeiras obras:

  • Sábado 14 de maio, 21:00 h.- AQUELANDO TEATRO DE MUROS: “Unha Petición de Man e unha Voda”.
  • Martes 17 de maio, 18:00 h.- PACO NOGUEIRAS “Extra!”.
  • Xoves 19 de maio, 12:00 h.- GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES “O segredo do anel”.
  • Venres 20 de maio, 20:00 h.- Presentación libro MONTEAGUDO ROMERO, Henrique “O idoima galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización”.
  • Venres 20 de maio, 21:00 h.- METÁTASE TEATRO, de Palas de Rei, “Escola de Vaqueiras”.
  • Sábado 21 de maio, 21:00 h.- TALÍA TEATRO “A parábola do Angazo”.

Máis novas de teatro

Comentarios