As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1


Algún Gran Premio de Fórmula 1, e seguro que moitos de F2, non teñen tantos espectadores como o Descenso do XXIX Gran Premio de Carrilanas Esteiro Marques de Vizhoja 2016. Máis de 70 bólidos, feitos a man, tomaron parte nesta edición do Gran Prix, e fixeron disfrutar da emoción, e da risa, a unhas 25.000 persoas que ateigaron a costa do Maio, na vila muradá.
Nin a ola de calor, nin a perfecta xornada plaieira ou a atomizada axenda de festas que está a vivir toda Galicia puido frear as ganas de disfrutar do inxenio e do divertimento que caracteriza esta Baixada. Un descenso que ademais se desenvolveu con total normalidade e seguridade, e que se saldou simplemente con rasguños nalgúns dos tripulantes.
Os máis míticos

Participantes de toda Galicia e incluso Portugal se incribiron nesta XXIX edición do Gran Prix. Entre eles, non faltaron pilotos e copilatos máis que habituais; de entre os máis laureados Ramiro García, “Gerente”, e Rodrigo Molinos, alias Bolato, membros fundadores do Gran Prix e almas indiscutibles da festa.
Con máis de 86 anos ás súas costas Ramiro García e o piloto máis veterano en competir e o que máis descensos polo Maio acumula. Fiel á súa cita, non só co descenso, senón tamén coa elaboración, deseño e posta a punto das carrilanas, Ramiro agradeceu onte dende o palco a gratitude que profesa a tódolos esteiráns por recoñecerlle a súa dedicación a Esteiro e ás Carrilanas.

O podio, con foto finish

O 1º premio na categoría de carrilanas rápidas foi para a escudería Cachys Boys con Fran Piñeiro ó volante, seguido de Bar Paluca e Árdelle o Eixo. A organización viuse obrigada a recurrir á foto finish para dictaminar a composición do pódium xa que a entrada en meta foi moi axustada por parte dos terceiros e cuartos participantes, a escudería Chiringuito de Cabanas.
A artesanía
E se a velocidade centrou boa parte do espectáculo, é tamén moi destacable a alta participación na categoría infantil e na de carrilanas de paseo, onde se puido disfrutar do rodamento de espectaculares carrilanas, entre elas a máis veterana das datada de 1988, e moitas outras que forman parte da exposición permanente da Asociación Deportiva Cultural Esteirana de Carrilanas.
Deste xeito, xa pensa a Asociación Deportiva Cultural Esteirana de Carrilanas nunha impresionante 30ª edición.
Novas relacionadas- Carrilanas 2014: As Carrilanas de Esteiro en vídeo.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- 2013: Tarde gloriosa no Gran Premio Carrilanas Esteiro.
- As Carrilanas de Esteiro: Deporte artesanal en estado puro.
- 2013: As Carrilanas de Esteiro xa teñen Denominación de Orixe.
- 2016: Trasouteiro homenaxeou o Gerente, o rei esteirán das Carrilanas en Galicia.
- 2015: Fin de semana de Carrilanas e Motocross en Trasouteiro
- 2014: As Carrilanas de Trasouteiro disfrutaron dunha feliz Baixada
- 2013: Trasouteiro volveu gozar coas carrilanas
- 2012: Accidentada Baixada de Carrilanas de Trasouteiro
- 2011: Esteiro superou a Vimianzo na Baixada de Carrilanas de Trasouteiro
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)