Asinado o acordo para a investidura de María Lago en Muros
- Corcubión e Mazaricos tamén preparan os seus plenos de investidura para outros dous alcaldes nacionalistas
Este venres 7 de xullo terá lugar o pleno de investidura nos 3 concellos que aínda non puideron celebralo aínda: Corcubión (por mor do voto pintado, e Mazaricos e Muros (por un recurso presentado polo PSOE nos concellos do Partido Xudicial de Noia), 3 Concellos onde se investirán dous alcaldes e unha alcaldesa nacionalista.
Por Corcubión, trala resolución polo TSXG do asunto do voto pintado, dando a razón ao PP, está todo listo para que Francisco Javier Domínguez Traba, “Dro” (BNG) sexa investido como alcalde da vila o venres ás 12:00h, tras conseguir envorcar os resultados de 2019 e ser a forza áis votada.
Por Mazaricos, Juan Blanco (BNG) renovou a súa maioría e volverá ser investido alcalde.
Máis complicada foi a situación que deixaron os resultados das eleccións en Muros. Co PP como forza máis votada, o BNG que protagonizaba unha subida poderosa, superaba ao PSOE
Xa ao longo da semana previa ao teórico pleno de investidura do 17 de xuño xa daban por feito o pacto entre BNG e PSOE en Muros para investir alcaldesa a María Lago, e esta semana rubricouse finalmente o acordo entre ambas formacións, á espera de que fagan público as condicións do mesmo. María Lago collerá o bastón de mando o venres 7 de xullo ás 10:00h.