O TSXG devolve o segundo edil ao PP ao dar como válido o "voto pintado" de Corcubión
A 4 días para o pleno de investidura adiado de Corcubión, hai novidades na conformación da corporación. Se a semana pasada Xunta Electoral Central dáballe a razón a Rojo sobre o voto pintado, hoxe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rectificaba a decisión da Xunta e daba o voto por válido.
Con esta decisión, José Ramón Rojo perde a súa acta de concelleiro en favor do nº2 do PP, o veterano Luís Abelleira Ronquete, que acompañará ao novo voceiro popular José Domínguez Buiturón.
O tribunal entende que "aplicando ao presente caso a doutrina do Tribunal Constitucional, non se pode afirmar que rodear a lista completa de candidatos cun círculo e marcar xunto ao primeiro candidato da lista teña que dar lugar á nulidade do voto porque:
- 1º Non supoñan rexeitamento ou reproche a ningún dos candidatos nin da formación política á que pertenzan, porque tanto o primeiro candidato como a lista completa aparecen completos, ilesos e sen signos que poidan constituír unha manifestación de exclusión.
- 2º Son sinais irrelevantes para manifestar a vontade real do elector, que se expresa claramente coa introdución da papeleta do Partido Popular nas urnas, e
- 3ºCando o artigo 96.2 LOREG inclúa no voto nulo algunha alteración de carácter voluntario ou intencionado, refírese á vontade de rexeitamento ou exclusión, que non se deduce dos signos que figuran na papeleta que se vai xulgar".
Trátase dunha sentenza firme contra a que non cabe recurso.