Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Dan por feito o pacto entre BNG e PSOE en Muros para investir alcaldesa a María Lago

Maria Lago nun mitin do BNG de uros
María Lago nun acto do BNG de uros
Dan por feito o pacto entre BNG e PSOE en Muros para investir alcaldesa a María Lago

Analizabamos a semana pasada as posibilidades de formar un goberno de esquerdas a raíz dunhas eleccións nas que gañaba o PP gaña e o BNG superaba ao PSOE.

A suma de concelleiros entre BNG e PSOE deixaba a porta aberta á formación de goberno entre as dúas forzas progresistas, que estaría amparada ademais polas directrices das direccións nacionais de facilititar a investidura duns e outros.

A falta de apenas 3-4 días para o sábado 17 de xuño, o día da investidura, por Muros dan por feito o pacto entre ambas forzas. Fontes consultadas cercanas aos partidos aseguran que tanto no seo do BNG como no seo do PSOE valoran positivamente investir a María Lago como alcaldesa, nun goberno que contaría con 4 edís nacionalistas e 3 sociliastas, entre os estaría a candidata Caridad González Cerviño.

MÁIS NOVAS DAS ELECCIÓNS

Comentarios