Baixada de Carrilanas accidentada en Esteiro


A curva do Barqueiro foi letal. Este ano, o XXV Gran Premio de Carrilanas de Esteiro 2012, festa declarada de Interese Turístico, veu algo empañada. Un accidente múltiple na devandita curva provocaba que a baixada tivera que suspendida.
Máis de 20 tripulantes dunhas 15 carrilanas, das rápidas, tiveron que ser atendidos tralo forte accidente. Así e todo non houbo feridos de importancia, e malia o susto, a seguridade parece asegurada nestas carreiras. Só unha puido chegar a meta.
Aquí vos deixamos con este vídeo de Adriana Rodríguez e outro de Kasimiro, algo máis longo.
Esteiro cheo
A seguridade e mais o éxito, pois unha vez máis o Gran Premio convertiuse no centro das miradas de milleiros de persoas. Carrilanas de toda Galicia participaron na baixada, e cual rali, a curvas e cunetas estaban ateigadas de xente, agardando que os Víctor Senras e Amador Vidais das carrilanas pasasen a toda velocidade.
Todo isto para a xornada dominical, pero Esteiro estivo engalanado toda a fin de semana. O sábado, ademais da toma de contacto e a pole position, o público puido disfrutar da exposición das mesmas. Verdadeiras obras de enxeñería as que se presentan a esta cita, que de seguro, vai durar moitos anos, a pesar das vicisitudes...
Máis información
- carrilanasesteiro.com.
- 2012: Accidentada Baixada de Carrilanas de Trasouteiro.
- 2011: Esteiro superou a Vimianzo na Baixada de Carrilanas de Trasouteiro.
- 2010: XIX Baixada das Carrilanas de Trasouteiro: Choque de carrilanas.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción de QPC MOTOR (motor@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
