Sábado. 15.08.2020
El tiempo

O BNG de Muros organiza un coloquio sobre os retos ecnómicos da ría na era postcovid

O BNG de Muros organiza un coloquio sobre os retos ecnómicos da ría na era postcovid

Este domingo, 26 de xullo, ás 20h, a Casa da Sociedade de Esteiro acollerá un debate sobre os retos económicos da nosa ría na “era PosCovid”.

Os relatores convidados ao coloquio serán Xabier Arrizabalo, Profesor do Departamento de Economía Aplicada na UCM e Director do Diploma de Análisis Crítico del Capitalismo, entre outros cargos, e Xosé Manuel Carril, Profesor de Dereito do Traballo e Seguridad Social na UDC e ex portavoz municipal do BNG da Coruña. Ambos poñentes intercambiarán as súas reflexións co público asistente nun debate que estará moderado pola Responsable Local do BNG de Muros, Maruxa Martínez Romaní.

O BNG de Muros convida á cidadanía con conciencia social a participar deste coloquio, dando garantía de que se cumprirán as medidas sanitarias precisas para que a charla cumpra con todas as garantías para a saúde dos participantes.

comentarios