Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Bolato: “Recollimos probas, en fotografía e vídeo, das ilegalidades que se están a acometer na illa da Creba”

Rodrigo Bolato
Bolato durante a ocupación
Bolato: “Recollimos probas, en fotografía e vídeo, das ilegalidades que se están a acometer na illa da Creba”

Fai balance a Plataforma pola recuperación da Illa da Creba da ocupación simbólica e pacífica da Illa da Creba esta pasada fin de semana. É o seu voceiro Rodrigo Molinos, “Bolato”, unha eterna voz do pobo esteirán, o que agradece a participación da veciñanza de Esteiro e pon en valor o acto reivindicativo. “Con esta ocupación simbólica conseguimos pór o foco sobre a inxustiza que se está a acometer na Creba e que hoxe moitas máis galegas e galegos coñezan o que aquí acontece. É un importante chanzo nesta loita de décadas para lograr que A Creba volte a ser pública para desfrute de todas as veciñas e veciños de Esteiro e do pobo galego en xeral. Seguimos na loita”, sinalou Bolato.

Pero unha das partes importantes da “ocupación”, foi que permitiu sacar fotos e vídeos do que a Plataforma entende como “probas de ilegalidades que se están a acometer na Illa da Creba”, que utilizarán para “para denuncialas publicamente e poñelas en coñecemento das autoridades”.

“Desde a repoboación forestal con árbores non autóctonas, mesmo con algunhas especies invasivas, a pavimentación ilegal na liña de costa, co levantamento de valados de cemento na mesma, pasando polo mantemento da construción do dique de abrigo, que ten unha sentenza firme de derrubo que non foi executada, até as propias construcións de instalacións hoteleiras e anexos ás mesmas, e moitas máis” explicou o voceiro da Plataforma.

Bolato salientou que “ao grave feito de que a illa fose privatizada súmaselle agora a impunidade coa que os actuais propietarios están actuando, ao marxe completamente da lei, especulando e danando o ecosistema da illa, coa conivencia tanto do goberno do Estado como da Xunta” explicou.

A reivindicación, ademais do BNG, conta co apoio explícito de Galiza Nova, como asegurou a súa Secretaria de Organización, Marta Gómez.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios