Sábado. 20.04.2024
El tiempo

PP e PSOE frean a recuperación pública da Illa da Creba

Foto Pleno Muros1
Moita xente no pleno muradán
PP e PSOE frean a recuperación pública da Illa da Creba

Chegou ao pleno o proceso de reconquista, aberta pola sociedade civil de Esteiro, da Illa da Creba, unha illa que a día de hoxe acolle un hotel de luxo, tras un polémico proceso de privatización, aprobado polo Concello de Outes. a súa privatización foi irregular desde o principio, xa que aparece inscrita no concello de Outes, a pesar de que o de Muros rexeitara a licenza.

Era unha xornada importante a de onte, con presenza de varios veciñ@s, na que o BNG presentaba unha moción coas reivindicacións da nosa plataforma, onde se pedía que desde o Concello se iniciasen os trámites pertinentes para a restitución da titularidade publica da illa, así como para o estudo da legalidade das obras que nela se realizaron e para a súa e protección mediante a incorporación ao Parque das Illas Atlánticas, así como mediante a dotación á illa dalgunha das figuras de protección recollidas na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

Tamén interviu o voceiro da Plataforma Rodrigo Molinos (Bolato), que agradeceu esta a do BNG, pero deixou claro que “isto non pode ser unha reivindicación partidista, queremos que entendades que tódolos partidos aquí presentes fostes escollidos polos veciñas e veciños de Muros e sodes os que tendes que defendernos fronte as inxustizas e os atropelos”.

Foi máis alá Bolato:” Non entendemos como se pode ser tan estrito á hora de dar licenzas de obras ou instalacións para particulares, á hora de facer cumprir sentenzas cando son a xente con poucos recursos, mentres a unha empresa de Santiago se lle deixa facer o que queira na nosa ría. A quen defendedes vos?! Logo a Creba é de Outes? Davos igual que pidan licenza de obra en Outes cando o concello de Muros lla negou? Onde están os avogados do concello?, onde están os recursos municipais en defensa do público?”, preguntou insistentemente Bolato.

A moción atopouse cos grupos do PP e do PSOE

Antes de votar,o PSOE presentou unha emenda á totalidade pedindo un informe xurídico á deputación, e malia que o BNG aceptou a posibilidade de engadila.

Xa en Comisión informativa, PP tamén presentou, outra emenda a totalidade para propoñer a constitución dunha xunta de voceiras. A pesar a intervención de Bolato, que volvía lembrar que “o deber dos representantes políticos de defender os bens públicos por riba de proxectos turísticos de empresarios privados”, a moción foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e PP, e os votos a favor do BNG e dos concelleiros non adscritos.

Novas relacionadas

Comentarios