Luns. 29.04.2024
El tiempo

Primeiras accións do BNG para recuperar a titularidade pública da Illa da Creba

Illa da Creba Aerea
Vista aérea da Illa da Creba
Primeiras accións do BNG para recuperar a titularidade pública da Illa da Creba

Trala masiva resposta á presentación do caderno “A illa da Creba. Un baldío comunal”, o BNG de Muros comeza a batalla legal para recuperar este singular espazo. Deron unha rolda de prensa onte en Esteiro, para anunciar as iniciativas que levaron ó parlamento da Xunta para apoiar a mobilización social que reivindica a volta a titularidade pública da Illa da Creba.

BNG de Muros
O o responsable da Plataforma pola Recuperación da Illa da Creba, a deputada do BNG Rosana Pérez, xunto coa representante de Galiza Nova e concelleira do BNG en Muros, Maruxa Martínez,

Propoñen unha proposición non de lei para “Iniciar o procedemento correspondente para que a Illa da Creba volva á titularidade pública da Xunta”, para “elaborar de inmediato un informe de todas as obras, actuacións e actividades que se levaron, e se están a levar a cabo na Illa e se as mesmas contan con todos os permisos e autorización obrigatorias”; e para “realizar os estudos necesarios relativos aos valores medioambientais da Illa e dos fondos mariños que permitan valorar a súa cualificación como espazo protexido, segundo a lexislación vixente”.

Hotel de luxo

IslaACreba-Hotel de LUxo
Imaxe do Hotel de Luxo da Illa da Creba

O BNG Preguntará tamén “como é posible que exista un establecemento hostaleiro de luxo que anuncia a illa en portais estranxeiros como unha ”lla privada turística, sendo coñecedores das irregularidades que existen na inscrición da illa polos supostos propietarios no rexistro do concello de Outes, estando en territorio do concello de Muros, e habendo, ademais diferentes ordes xudiciais de paralización e derribo de obras que alí se fixeron”, apuntan.

Novas relacionadas

Comentarios