Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Calcinado un restaurante en Louro tras sufrir un incendio

Así quedou o Resturante Enxebre de Louro tralo incendio-Foto-Xose Sendón
Así quedou o Resturante Enxebre de Louro tralo incendio-Foto-Xose Sendón
Calcinado un restaurante en Louro tras sufrir un incendio

Días axitados no lugar de Louro. En pleno verán, cando máis chea está a vila, están a acontecer sucesos que obrian ao GES de Muros, Protección Civil e Policía Local a traballar arreo. Onte tiña lugar un accidente na mesma AC552, que provocaba o envorco dun vehículo e  retencións.

Esta mañá, pasadas as 8.00 os membros do GES voltaba a Louro, en plena rúa de San Francisco, por un incendio urbano que calcinaba o Restaurante Enxebre. As forzas de seguridade consideran que puido deberse a un cortocircuito no viveiro de marisco, e que de ai se extendería pola barra, as estanterías e ata o teito.

Sen dúbida, un gran pau para toda a familia do restaurante, que chega en plena crise.

Incendio no Restaurante Enxebre de Louro-2
Momentos antes da chegada do GES ao restaurante Enxebre

Novas relacionadas

comentarios