Venres. 04.10.2024
El tiempo

Os edís nacionalistas esixen concreción sobre a lei de Costas e o edificio Sertaches

Os edís nacionalistas esixen concreción sobre a lei de Costas e o edificio Sertaches

Asuntos urbanísticos seguen sendo protagonistas no Concello de Muros. I é a falta de concreción sobre a aplicación da Lei de Costas en varios puntos de Muros, así como as últimas interpretacións arredor do edificio de Sertaches, fan que os edís nacionalistas nos envíe estas valoracións.

Edifico Sertaches

Edificio Sertaches en Esteiro Muros-Foto- Inmobiliaria Faro

O pasado pleno tratou a execución da sentencia que obriga á demolición da 3ª planta e baixo cuberta do edificio Sertaches, en Esteiro. I é que a demolición tense que levar en breve, unha vez que a alcaldesa volveu ser multada a pasada semana por non cumplila orda.
A moción, que foi votada en contra polos concelleiros nacionalistas de Muros ao considerar que "a alcaldesa levou a pleno a proposta de licitación cun proxecto sen rematar e sen aprobar e que non contaba con partida presupostaria (como ela mesma recoñeceu na sesión plenaria), en cambio si contaba cun informe desfavorable de secretaría e outro desfavorable de intervención".

Os edís fan estas valoracións unha vez que alcadesa facía unhas declaracións nas que "culpaba á oposición de ser un atranco para a execución", polo que lle esixen á alcaldesa que "deixe de confundir á cidadanía co tema do edificio Sertaches". Destacan ademais que non era necesario que a proposta pasase polo pleno e piden "sendo conscientes de que é un asunto complicado" que a alcaldesa "asuma as responsabilidades que conleva o cargo".

Moción sobre a Lei de Costas

Os edís nacionalistas veñen de presentar unha moción para que "a modificación da Lei de Costas permita a legalización dos núcleos do litoral do concello de Muros que están en dominio público marítimo terrestre como acontece por exemplo coa zona do Artón de Esteiro". I é que segundo sinalan, "no texto do anteproxecto non queda claro que as dúas vías que se abren sexan aplicables ao noso concello".

Ademais, destacan que "hai 10 núcleos que a modificación amnistía sen aportar ningunha xustificación de por que eses si e outros non, entón se as outras dúas vías non son aplicables que incorporen o noso caso a estes 10 núcleos poboacionais muradáns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CxG de Muros.

Comentarios