luns. 11.11.2024
El tiempo

CxG pregunta polo saneamento de Tal e Esteiro

CxG pregunta polo saneamento de Tal e Esteiro
Os edis de CxG Muros diante da depuradora

A agrupación local de Compromiso Por Galicia en Muros vén de presentar en Augas de Galicia unha solicitude, pola cal se lle piden explicacións sobre o estado das obras de saneamento de Esteiro e Tal, dado que transcorridos varios anos dende que estas remataron segue sen funcionar este servicio tan necesario para os veciños e para a saúde da ría.

CxG xa lle preguntou á alcaldesa muradá Caridad González en varios plenos por este asunto sen conseguir unha resposta convincente sobre o estado e resultado destas obras que se iniciaron hai mais de 5 anos e custaron perto de 3 millóns de euros.

Os galeguistas apostan pola posta en marcha do saneamento na zona, xa que é moi importante enviar ao mar os residuos totalmente depurados para non contribuir coa contaminación das augas da ría.

Ademáis recolleron numerosas queixas entre os veciños para os que é un problema non contar con este servizo e que ademais teñen que soportar desagradables cheiros derivados desta obra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CxG Muros.

Comentarios