Luns. 04.11.2024
El tiempo

Denuncian á mineira de San Finx ante a Relatora Especial da ONU polo uso de denuncias abusivas e infundadas

Vertidos no rio da Mina de SAnFinx
Imaxe dos vertidos no río da mina
Denuncian á mineira de San Finx ante a Relatora Especial da ONU polo uso de denuncias abusivas e infundadas

Continúa o conflito aberto entre comunidade social e a mina de SanFinx. Desta volta, Ecoloxistas en Acción ven de poñer en coñecemento da Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, o uso sistemático de denuncias abusivas e infundadas por parte da empresa mineira de San Finx, Tungsten San Finx S.L., contra as organizacións ecoloxistas e sociais que veñen denunciando a situación ilegal da explotación e os danos ambientais que causan as súas verteduras, a tan só 7 km da ría de Muros e Noia.

O caso é que a entidade ecoloxista volveu a ser obxecto dunha nova querela por parte da empresa, desta volta por un acto simbólico realizado o pasado 5 de xullo no que se taponou durante breves instantes o tubo a través do que a empresa realiza vertidos ilegais. É a segunda vez en menos dun ano que o grupo australiano presenta unha "denuncia falsa" contra Ecoloxistas en Acción.

Precisamente a raíz desta protesta e dos escritos remitidos a Augas de Galicia por ese colectivo e a Plataforma comarcal contra as verteduras, vense de iniciar un procedemento sancionador que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, logo de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros do tubo taponado superan 78 veces o máximo legal permitido.

Novas relacionadas

Xullo 22: Abren dilixencias contra altos cargos de Augas de Galicia pola autorización das verteduras da mina de San Finx

Comentarios