Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Ría de Muros e Noia volve mobilizarse contra a mina de San Finx

Manifestacion contra a MINA San Finx
A nova xornada de mobilización foi presentada en Noia en presenza de Joám Evans, portavoz da Plataforma de afectados pola mina de San Finx; Santiago Cruz, patrón maior da Cofradía de Noia, e Isaac Gaciño, patrón maior da Cofradía de Portosín.
A Ría de Muros e Noia volve mobilizarse contra a mina de San Finx

Todos os sectores da ría de Muros e Noia volverán mobilizarse contra o vertido da mina de San Finx. Non faltarán a hostalería e as mariscadoras de Muros, que volverán participar este sábado na nova mobilización encabezada polas cofradías. Unha manifestación que demanda que “a Xunta revoque a autorización de vertidos concedida á mineira australiana a comezos do ano, logo de que se incumprise o condicionante de ter finalizadas as obras en catro meses”, afirmou Joám Evans.

A Plataforma alerta que a propia empresa “recoñeceu que non dispón de financiamento para acometer as obras e, de feito, a súa cotización está a mínimos históricos, cun valor de apenas 1 céntimo por acción”.
Nestas circunstancias, consideran temerario que a Xunta manteña a vixencia da autorización, sendo evidente que a empresa “non dispón de medios nin
solvencia para asumir as responsabilidades multimillonarias que implicaría a contaminación con metais pesados dos bancos de marisqueo”.

Por iso, anuncian unha multitudinaria mobilización de protesta para o sábado 8 de xullo, escollendo desta vez como escenario as propias Minas de San Finx, en
Lousame, onde se concentrarán ás 11 da mañá e cara onde partirán varios autobuses desde a estación de Noia media hora antes, ás 10:30. 
A protesta incluirá un enterro simbólico dos productos da ría que contará cos integrantes da compañía de teatro “Os Quinquilláns”, solicitando os organizadores que as persoas asistentes acudan vestidas de negro ou con roupa de augas.

Tamén haberá un concerto do grupo musical Barahúnda e unha degustación de produtos da ría ofrecida pola Cofradía de Noia, que avisa que podería ser a
última se se permite que os vertidos de San Finx acaben por realizarse.
A xornada concluirá cunha marcha ata as presas de residuos mineiros abandonadas, onde se instalará unha pancarta alertando do risco catastrófico que supoñen e se embotellará auga procedente da mina para enviar ao presidente da Xunta e aos titulares das consellerías responsables pola situación das minas.

CARTEL MINA FINX

RELACIONADOS

 

Comentarios