Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Festa na mina contra a mina

Manifestacion na Mina de Lousame
Festa na mina contra a mina

Tremenda acción fesstiva-reivindicativa a protagonizada esta mañá de sábado 8 de xullo na mina de San Finx. Centos de persoas acodían á chamada da Plataforma en defensa da ría de Muros e Noia para protestar, dun xeito festivo, ante os permisos de vertido que a Xunta ten aprobado á mina de Lousame.

Ata as mesmas instalacións se desprazaron máis de 300 persoas, entre elas moita veciñanza muradá do sector da pesca e da hostalería, para celebrar unha -xornada que incluíu un enterro simbólico dos produtos da ría, unha degustación e un concerto.

Funeral pola Mina de San Fin

A Plataforma comarcal contra os verquidos, encabezada polas cofradías de pesacadores, demanda que “a Xunta revoque a autorización concedida á mineira australiana a comezos do ano, logo de que ademais se incumprise o condicionante de ter finalizadas as obras en catro meses”.

“Amosamos unha vez máis a nosa oposición absoluta a que se poña en risco o futuro da ría e dos millleiros de empregos que xera, non imos deixar que os verquidos saian adiante”, asegurou Joám Evans, portavoz da Plataforma.
O mariñeiro e influencer Rogelio Santos Queiruga, viceportavoz da Plataforma de afectados pola mina de San Finx, reflexionou sobre “a importancia de coidar as nosas rías se despois queremos unha boa alimentación para a sociedade”.

Funeral contra a mina de San finx

Manifestacion contra a mina de San Finx

RELACIONADOS

Comentarios