Venres. 10.05.2024
El tiempo

As Plataformas levan as minas de San Finx e Varilongo á ONU

Imaxe mariscadores NOIA na ONU
Imaxe mariscadores NOIA na ONU
As Plataformas levan as minas de San Finx e Varilongo á ONU

Continúan as loitas sociais dos colectivos conservacionistas e da xente do mar para paralizar as minas de San Finx, en Lousame e con directa afectación á ría de Muros e Noia, e de Varilongo, en Santa Comba.

Desta volta, o Comité de Cumprimento da Convención de Aarhus, órgano das Nacións Unidas con sede en Xenebra, recibiu esta semana a representantes da Plataforma comarcal contra os vertidos das Minas de San Finx e da Plataforma BerXallas.

Os galegos lembraron que existen “dous procedementos polas infraccións dos dereitos de participación pública, acceso á información ambiental e acceso á xustiza nestas explotacións, ambas propiedade da empresa australiana Pivotal Metals”.

Expuxeron “a grave situación de perigo que corre a ría de Muros e Noia e os miles de postos de traballo que dela dependen. Tamén se reuniron con representantes da misión española na ONU para trasladarlles o malestar por que o Goberno do estado defenda as vulneracións sistemáticas da Convención de Aarhus por parte da Xunta.<&p>

Desde a plataforma comarcal “valoran positivamente a visibilidade internacional que estes procesos dan ao caso, complementando as accións xudiciais que se siguen nos xulgados do contencioso e do penal de Noia e Santiago, onde existen actualmente 4 causas penais e 6 contenciosos contra a decisión da Xunta de outorgar en febreiro pasado unha autorización de vertido á mina de San Finx”.

Comentarios