Denuncian o abandono das gaiolas de salmón tralo desprendimento dunha gran boia

Non só moluscos invasores, senón que as polémicas gaiolas de salmón da Ría de Muros tamén crían boias. E se non que llo pregunten aos veciños da Praia de San Francisco, que amencía este luns cunha gran boia, desprendida da gaiola de salmónidos, sobre o areal.

Este suceso ven a demostrar o estado de abandono no que xa se encontran as bateas de salmón instaladas na Ría, e nas que parece que fai meses non existe actividade, e que o único que fan é producir un efecto contaminante, e que poden causar, á vista deste desprendemento e do abandono na que se atopan, un accidente as embarcacións que faenan nesta zona e que ven poderían chocar con algún obxecto ou material que se poidera volver desprender destas gaiolas provocándolle graves danos.

Unha demostración de que o proxecto piloto de cría de salmónicos nas rías galegas é un auténtico fracaso.

Por elo, dende Asoar Armega e organizacións como ADEGA, Salva la Selva ou Verdegaia, que veñen mostrando o seu rechazo a estas instalacións dende a decisión do seu traslado da ría de Arousa á ría de Muros consideran e reivindican "a necesidade de que as gaiolas de salmón instaladas na Ría de Muros-Noia sexan retiradas de inmediato para evitar posibles danos medioambientais ou mesmo producir un accidente no mar".

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte