Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha de salmóns mortos en Muros

Unha de salmóns mortos en Muros

Nin a axuda dos remolcadores da Xunta aportando auga doce á gaiola "piloto" de salmóns instaladas na ría de Muros evitaron a morte de máis de 500 peixes. Así o denuncian dende o sector mariñeiro, que viron como nas últimas semanas salmóns mortos aparecen por toda a ría.

Apuntan ademais que a axuda dos remolcadores da Xunta foi aportando auga fría, por mor do "repunte" das temperaturas nas últimas semanas de agosto. Ademais, Luis Rodríguez, Presidente da ASOAR-ARMEGA, destaca que os salmóns non foron devorados por depredadores. Estes salmóns, duns 35cm de onxitude, aínda estaban en fase de crecemento.

Unha denuncia máis na loita contra a instalación, en contra do sector, de 20 gaiolas de salmón previstas no proxecto.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios