Venres. 29.03.2024
El tiempo

Denuncian que o Sergas aproveita o Estado de Alarma para anular reclamacións

O Sergas aproveita o estado de alarma para liberar listas de espera
Carta que enviou o Sergas a unha veciña de Muros en pleno estado de alarma
Denuncian que o Sergas aproveita o Estado de Alarma para anular reclamacións

Serve o tempo de estado de alarma para que a Xunta anule reclamacións presentadas contra a súa ineficacia?

Contamos hoxe a experiencia persoal dunha familia de Muros, que leva en lista de espera para unha operación menor, dende o pasado 9 de abril de 2019. Contando con que a espera habitual era de 6 meses (a partir de 180 días firmas que entras en listas), o pasado mes de xaneiro (despois de 10 meses esperando) presentaron diferentes reclamacións, tanto na Consellería de Sanidade.

A verdade é que coa instalación do Estado de Alarma despistáranse un pouco, entendendo que en plena corentena era normal que non se programasen esa case de operacións non urxentes. Pero a súa sorpresa saltou ao recibiren unha carta sinalando que “non cabe programar a intervención turística”, e o máis grave que “cando a situación se normalice, pode vostede colver expoñer a súa situación, que será valorada”.

”Están aproveitando o estado de alarma para botar abaixo reclamacións”, denuncia esta familia. “Moita xente seguro que está esperando que a chamen, cando xa non a van volver chamar, e iso conleva uns trastornos tremendos”, explican despois de sufrilo primeira persoa.

Experiencia previa

Outra familia calquera daría o asunto por un procedemento habitual, pero esta familia ten unha experiencia previa, aínda máis grave, que lle obriga a denunciar publicamente esta situación.

Hai anos, despois de moitos meses de espera para outra operación no CHUS de Santiago, presentaron unha eclamación á Consellería e ao Valedor do Pobo. Pouco tempo despois recibiron unha chamada do SERGAS preguntando se preferían cambiar de Hospital, ao de Ourense, para “axilizar” o proceso. A familia respondeu que non, polas continuas viaxes que terían que facer dende Muros a Ourense para o preoperatorio, a operación, o post…

A sorpresa saltou meses despois cando chamaron de novo ao Sergas ao non recibir novas, e constataron que non estaban en ningunha lista de espera. Ao parecer, e segundo confirmaron con varios profesionais sanitarios, o Sergas estaba realizando esta clase de chamadas enganosas para eliminar xente das listas de espera…

Da resposta das adminstracións dá boa conta a reacción do Valedor do Pobo do momento, pois a resposta chegou unha vez pasada a operación…

Comentarios