Luns. 30.11.2020
El tiempo

Detido en Muros un home en busca e captura e coa parella da que tiña orde de aloxamento

Detido en Muros un home en busca e captura e coa parella da que tiña orde de aloxamento

Situación comprometida a que se atoparon esta semana os axentes da Garda Civil de Muros. Foi a Policía Local a que avisou á benemérita de que había unha parella que saíran en bus desde Verín, que estaban buscando un taxi para trasladarse en taxi ata Cee, a casa dun familiar.

Tras identificar á parella, a Patrulla descobren que o varón ten en vigor unha requisitoria de busca e captura, detención e personación diante dun Xulgado da Coruña, e que ademais existe unha orde de distanciamento e comunicación coa mesma muller que o acompaba, ditada polo Xulgado de Corcubión.

Así que directamente proceden á detención do varón (paará comparencia por videconferencia ante o Xulgado de Muros), e proceden á denuncia de ambos por infracción da corentena.

Novas sobre o cumprimento da corentena

comentarios