Detido en Muros un home en busca e captura e coa parella da que tiña orde de aloxamento
18:24 06/04/20
Situación comprometida a que se atoparon esta semana os axentes da Garda Civil de Muros. Foi a Policía Local a que avisou á benemérita de que había unha parella que saíran en bus desde Verín, que estaban buscando un taxi para trasladarse en taxi ata Cee, a casa dun familiar.
Tras identificar á parella, a Patrulla descobren que o varón ten en vigor unha requisitoria de busca e captura, detención e personación diante dun Xulgado da Coruña, e que ademais existe unha orde de distanciamento e comunicación coa mesma muller que o acompaba, ditada polo Xulgado de Corcubión.
Así que directamente proceden á detención do varón (paará comparencia por videconferencia ante o Xulgado de Muros), e proceden á denuncia de ambos por infracción da corentena.
Novas sobre o cumprimento da corentena
- 06-04-2020: A Garda Civil desaloxa o bar da confraría de Laxe.
- 03-04-2020: Tres mozos detidos en Vimianzo por incumplir as normas de confinamento.
- 01-04-2020: 1.440€ a un veciño de Vimianzo por incumplir, en 8 ocasións, as normas de confinamento.
- Dani Calvete: "O que peor levo é o medo a poder infectar á familia. Levo o protocolo ao extremo”.
- Dous carballeses condenados, tras ser detidos, a pagar unha multa de 360 e 480€ por incumprir repetidamente o confinamento.
- Dous talleres de confección do polígono de Bértoa, denunciados por incumplir as novas restricións.