Detido un muradán por un intento de homicidio
18:42 12/06/15
Axentes da Garda Civil de Tráfico apoiados por membros do equipo de Atestado do destacamento de Tráfico de Corucubión, detiveron o pasado luns a un veciño de Muros, de 33 anos de idade, como suposto autor dun delito de homicido.
Segundo indican os axentes nun comunicado, os feitos aconteceron no pasado mes de febreiro nunha parroquia de Outes cando o agora detido atroprelou co seu coche a un peatón que camiñaba pola beirarúa. Dándose á fuga, o presunto homicida non auxilou ao ferido que quedou tendido na estrada ata que o auxiliaron algúns veciños da vila e foron éstes quen chamaron aos servizos de emerxencias.
Ainda que nun primeiro momento todo apuntaba a un accidente de circulación, os axentes - tras a debida investigación - demostraron que se trataba dun intento de homicidio debido ás discrepancias persoais que hai entre os dous implicados. Os feitos están agora a disposición do Xulgado de Instrucción de Muros.