Mércores. 20.01.2021
El tiempo

A diáspora quere, máis que nunca, peixe e marisco da Costa da Morte

A diáspora quere, máis que nunca, peixe e marisco da Costa da Morte

Así o constanta a empresa muradá especializada en venta de peixe fresco e marisco online Fresco y del Mar. “Notamos un forte incremento das compras por parte de particulares que este ano non teñen a posibilidade de volver a Galicia”, sinala Milucho Louro. Deste xeito, as mesas de emigrantes galegos de lugares como Madrid, Barcelona, Valencia e Andalucía, pero tamén de Suiza, Alemaña, Reino Unido e Bélgica, senten máis necesidade que nunca de disfrutar dos nosos, dos seus, produtos.

Centolas, nécores, percebes e camaróns son os catro produtos estrelas de cada nadal, pero tamén están demandando ameixas, ostras. Os prezos non botan para atrás dadas as circunstancias e vemos que o kg de percebe da Costa da Morte está a 75€, ou o de camaróns da ria de Muros e Noia a 90.

Marisco da Costa da Morte

comentarios