Dúo Minúsculo: Santi Culo, xunto a Minos, volve facernos rir

09:50 09/10/20
Unha alegría ver de novo polas redes a Santiago Caamaño facéndonos rir. Lembrámolo dende as súas primeiras andainas no Youtube, e os seus primeiros bolos do dúo “Pachi e Culo” aló polo 2015 nunha Gala do Fútbol da Costa - QPC, ata o seu paso polo LandRober da TVG. Pero a súa recoñecida afección polo xogo sacouno do escenario.
Leva varios anos batallando contra si mesmo e contra as casas de apostas pola rede. Son xa 3 anos sen xogar, pero controlando sempre o seu cerebro. “Estou alerta día a día porque sei que o ludópata estará sempre aí dentro”, recoñece nesta entrevista, na que asegura que lle axuda dar charlas a rapaces ou responder as xentes co seu twitter @ludopatarehabilitado.
Agora volve rir, e facernos rir, gracias á súa nova unión cómica con Minos. O coñecido xogador do Montelouro, Minos (José Domingo Fernández), acompáñao nestas primeiras pezas do Dúo Minúsculo (@duominusculo.
Defínense así: “De Minos e Culo, nace Minúsculo. Pintamos a mona e non esperedes moito máis”. Estas son algunhas das súas primeiras chorradas:
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 19: Santi Caamaño rompe as redes cunha campaña contra a publicidade abusiva das casas de apostas.
- Xuño 2018: “La vida no es un juego”: Santi Caamaño recoñece a súa ludopatía sen tabúes.
- Febreiro 2016: Pachi y Culo segue botando risadas a través do Youtube.
- Setembro 15: Pachi e Culo ao Land Rober.
- Xuño 2015: Pachi e Culo na Gala do Fútbol de QPC.