sábado. 10.05.2025
El tiempo

Esixen que se indique a orixe no etiquetado do mexillón

Esixen que se indique a orixe no etiquetado do mexillón
Batea en Muros-Foto-Quin Caamano

Este sábado entra en vigor a normativa que permite que non figure a orixe na etiquetaxe do mexillón. Unha medida que pode afectar gravemente ao noso sector costeiro (nas rías de Muros-Noia e Arousa hai máis de 2400 bateas e un montón de conserveiras e comercializadoras do mexillón), pois iso favorece a introdución e avance de mexillón de fóra, prexudicando o volume de ventas e a imaxe do noso mexillón de recoñecida calidade, ademais de atentar contra os dereitos dos consumidores.

Unha nova que vén de levar diante da Comisión Europea o grupo de Compromiso por Galicia, e que nos traslada o grupo muradán. Foi a eurodeputada Izaskun Bilbao Barandica a que trasladou a pregunta á Comisión, que debería elaborar un informe sobre isto antes deste día 13 de decembro, informe que pode acompañar de modificación da normativa para que si teña que ser obrigatorio que figure a orixe na etiquetaxe.

Unha medida que vai afectar, ademais dos consumidores, “vai prexudicar diversas producións locais entre as que destaca o mexillón galego do que dependen 30.000 postos de traballo”, indica Bascuas, voceiro nacional da formación.

A responsable de política municipal de Compromiso e concelleira en Muros, María Xosé Alfonso, engade que “esta nova normativa facilita a introdución e promoción no mercado de produto de fóra como se fora daquí, provocando o desprazamento do noso mexillón e dano á súa imaxe de recoñecida calidade, o que prexudica directamente ás miles de familias que viven directa ou indirectamente do sector do mexillón” .

Dende Compromiso indícase na pregunta dirixida á Comisión se estará dispoñible para esa mesma data, e de acordo co Regulamento 1169/20011, o informe e unha proposta de modificación da normativa sobre indicación obrigatoria do país de orixe ou procedencia dos ingredientes que supoñan máis do 50% do produto, “ademais de saber se a comisión atenderá ás peticións de numerosos produtores europeos, como os do mexillón galego, para fomentar a transparencia para os consumidores”, indica Paulo Carlos López. No escrito os galeguistas avisan dunha repercusión “moi negativa” desta revisión para diversos sectores extractivos e transformadores, “básicos para o emprego en Galicia”, e insiste se a Comisión é consciente “do prexuízo que supón para as producións europeas de calidade e consumidores a desaparición da indicación de orixe nos etiquetados dos produtos”, indica.

Novas relacionadas

Fonte

  • CxG.

Comentarios