Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Esteiro, escenario da primeira regata da historia de traiñeiras en modalidade mixta

Bandeira de traiñeiras de remo veteranxs mixta
Esteiro, escenario da primeira regata da historia de traiñeiras en modalidade mixta

Esteiro volve ser vangarda en materia de deporte e de igualdade. Este domingo 2 de xuño ás 11:30h no porto de Esteiro, a A.D. Esteirana Remo organiza a "II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro" pertencente á Liga Galega de Veteranos.
A novidade desta edición da "Bandeira de Traiñeiras de Esteiro" é que se vai disputar unha categoría mixta por primeira vez na historia das regatas de traiñeiras, ademais das tradicionais bandeiras para a categoría feminina e masculina.

Explican dende Esteiro que xa existe algunha proba de outras modalidades de remo en banco móbil, como no remo de mar ou no remo paralímpico, onde existen competicións oficiais mixtas. Pero isto non sucede nin no remo olímpico nin no remo en banco fixo.

Aquí, os equipos que poderán disputar a "II Bandeira de Traiñeiras de Esteiro mixta" serán os equipos masculinos da Liga Galega de Veteranos que aliñen polo menos 5 mulleres nas súas tripulacións.

Na Liga Galega de Veteranos de traiñeiras compiten en categoría feminina o C.R. Puebla e o C.R. Cabo da Cruz, mentras que na categoría masculina os clubs participantes son o C.R. Celeiro, o C.C.D. Cesantes, C.R. Rianxo, C.R. Chapela, C.R. Muros, C.R. Vila de Cangas, S.D. Samertolameu, C.R. Cabo da Cruz e a A.D. Esteirana Remo.
Nesta edición da Liga Galega de Veteranos haberá unha segunda bandeira mixta que será a que organice o C.R. Celeiro o vindeiro 16 de xuño.

Comentarios