Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A mobilización veciñal que puido coa mina de Varilongo

A mina de varilongo contamina
Imaxe da Comunidade de Montes de Grixoa de Esternande e Verdegaia o día da plantación masiva na parcela da mina de Varilongo
A mobilización veciñal que puido coa mina de Varilongo

Non pasou desapercibida a declaración da caducidade das concesións mineiras de Varilongo para a veciñanza de Santa Comba. A Plataforma BerXallas, unha das protagonistas daquela fermosa plantación de carballos en plena mina, amosa a súa satisfacción coa decisión e saca peito da importancia da mobilización veciñal para conseguir o feito.

"Dende a Plataforma BerXallas estamos moi contentos ca decisión da Xunta de Galicia de declarar a caducidade da concesión da mina de Varilongo", explícan. "Satisfeitos de demostrar que a terra é nosa, xa que esta empresa tentou botarnos do noso e as administracións miraban para outro lado e mesmo lle cederon gratuitamente o que ía ser o museo da mina e que nunca abriu".

"O goberno autonómico tomou esta decisión grazas ás denuncias interpostas por diversos colectivos e ao movimento veciñal que non queren que arrasen e contaminen brutalmente as nosas terras e as nosas augas".

En calquera caso, son conscientes do perigo que representa o espazo. "Temos que estar atentos, xa que outras empresas poden instalarse en Varilongo", valoran.

"Seguiremos plantando carballos e castiñeiros mais o 15 de xuño, vémonos na ONU, Varilongo, Castriz e San Finx mesma loita", avisan.

Novas relacionadas

Comentarios