Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Gardacostas rescatan dous barcos que afundiran nos peiraos de Muros e Muxía

Reflotacion embarcacion Muros Rio Novo II
Reflotación do Rio Novo II en Muros
Gardacostas rescatan dous barcos que afundiran nos peiraos de Muros e Muxía

Tiveron que reflotar esta pasada semana os Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia dúas embarcacións nos portos costeiros de Muros e Muxía. Unhas accións moi importantes para evitar riscos de vertidos, e para axudarlle aos propietarios a recuperar as súas embarcacións.

O martes reflotaban o pesqueiro Río Novo II, que estaba afundido no peirao de Muros como consecuencia do temporal de vento e chuvia rexistrado a noite anterior. O Río Novo II xa non estaba operativo dende había tempo, polo que carecía de combustible non seus tanques, e non foi preciso despregar barreiras anticontaminación para evitar posibles fugas no peirao.
O mércores dous guindastres procederon a sacalo da auga e poñelo en seco de forma provisional á espera do seu traslado definitivo fóra do porto.

Entre mércores e xoves os axentes de Gardacostas trasladáronse a Muxía para reflotar a embarcación de lecer Ana María Primera. No peirao muxián si que tiveron que despregar dúas barreiras anticontaminación e esponxas absorbentes na súa contorna co obxectivo de atallar posibles verteduras na zona pois a embarcación tiña no seu interior arredor de 30 litros de combustible.
Despois de realizar os trámites ca aseguradora, o xoves o barco foi retirado da zona.

Reflotacion Barco Muxia
Así de afundido estaba o Ana María en Muxía

Comentarios