Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Investigan o homicidio dun home nunha vivenda de Esteiro

garda-civil-recurso
Investigan o homicidio dun home nunha vivenda de Esteiro

Esta pasada noite, tras unha chamada ao 112 arredor das 0:30h, unha patrulla da Garda Civil de Negreira atopaba nunha vivenda de Esteiro o corpo sen vida dun home duns 50-60 anos, con signos evidentes de violencia. Ata o lugar tamén se desprazaban membros do 061, que só puideron certificar a morte.

A garda Civil abre unha investigación que está levando a cabo o Equipo de Policía Judial de Noia.

O fillo da vítima foi detido ao longo da mañá mentres as forzas da orde seguen coa investigación ocular da vivenda.

Comentarios