Venres. 03.05.2024
El tiempo

Kondusión Kolérica, o “punki de zapatilla” máis divertido e comprometido da Factoría Nasmo

Kondusion Kolerica en conserto
Kondusión Kolérica en concerto
Kondusión Kolérica, o “punki de zapatilla” máis divertido e comprometido da Factoría Nasmo

Como nos presta repasar a nosa canteira musiqueira. E coma sempre temos que facer parada na Sala Nasmo. E se o mes pasado falamos da banda máis noviña da Factoría muradá, hoxe falamos dun grupo de veteranos.

Eles son Kondusión Kolérica, unha banda das da “antiga escola”, que disfruta do “tocar por tocar”, e que “sempre están para o que se lles pida”. Así o explica Juan Filgueiras, alma da Nasmo, que agradece a vontade, actitude positiva, e mesmo amizade, dos Callona (Guitarra e voz), Kuber (baixo e voz) e Fran (batería), veteranos de 30-40 anos, que xa teñen pasado por míticas bandas da vila como “Desterrados”, na que estiveron Fran e Callona, ou “John Happy Driver”, onde tocou Kuber. Xente da que suma e que fai posible que o soño da Nasmo siga vivo, siga creando canteira musiqueira na vila. “Para min na Nasmo son fundamentais”, sentenza Figueiras.

Kondusion Kolerica en concerto en Muros
Kallona no palco de esponteáneos do Asghieiras Master Festival deste ano

Membros da familia do Asaghieiras Master Festival, non paran de levar o seu “punki de zapatilla”de ruta por festivais de centros autoxestionados de todo o país, como o Sonnos e o Chinringo de Lore e Xan de Louro, o Buril de Sarria, A Casa da Irmandade de Vedra, A Figheira do Meco do Grove, ou mesmo o mítico Clavicémbalo de Lugo.

Non son virtuosos nin lles preocupa, senón que a súa única intención é tocar para que a xente o pase ben. Pero ademais os seus temas son moi reivindicativos con temas como a desigualdade, a precariedade…

En breve comezarán a gravar a maqueta, pero aquí vos deixamos un exemplo de como a lía, no seu festival carnotán:

Kondusion Kolerica en accion
En acción

MÁIS NOVAS DA FACTORÍA NASMO

Comentarios