Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Lamentan o abandono do campo de fútbol de Miraflores

Abandono do Eleuterio Balayo de Muros
Imaxes da falta de mantemento do Eleuterio Balayo de Muros
Lamentan o abandono do campo de fútbol de Miraflores

Son anos pedindo melloras no campo municipal Eleuterio Balayo de Muros. O mal estado do céspede, que provoca inundacións ás prmeiras chuvieiras, a necesaria remodelación dos vestiarios, o abandono das zonas comúns, ou o deterioro da cantina, amosan a despreocupación municipal por un dos espazos deportivos máis usados pola veciñanza muradá.

Van varios meses dende a paralización das actividades deportivas, e a falta de mantemento é evidente, como comprobaron usuarios do campo ao acodir para facer os primeiros preparativos para a volta, ordeada, aos entrenamentos.

As familias usuarias piden un traballo de mantemendo, ademais da posta en marcha do proxecto de renovación integral do campo xa redactado pola Federación e presentado no Concello. O proxecto está aprobado no POS 2019 e esperan poder realizar as obras.

Campo de Miraflores Eleuterio Balayo inundado
Así queda o campo cando chove

Novas tecnoloxías

comentarios