Luns. 29.04.2024
El tiempo

En marcha a creación dunha Guía da Hostalería de Muros

REUNIÓN CONCELLO Muros HOSTALERÍA 28 FEB
En marcha a creación dunha Guía da Hostalería de Muros

O Concello de Muros e a Asociación da Hostalería de Muros mantiveron onte unha reunión para falar da situación actual do sector e concretar a posta en marcha de diferentes iniciativas. 

O concello e a asociación colaborarán para facer unha Guía da Hostalería de Muros, con información práctica dos restaurantes, cafeterías, locais de ocio e establecementos de hospedaxe do concello.

“Unha reunión moi positiva e fructífera cun sector clave para a economía local de Muros, coñecendo as súas demandas e amosándolles o apoio do concello”, asegura a alcaldesa, María Lago, que se reuniu coa directiva da asociación xunto á concelleira de Promoción Económica, Laura Rivadeneira.

Ambas partes quedaron en concretar en futuras reunións outras iniciativas de apoio e promoción ao sector.

Máis novas

Comentarios