A muradá Fresco y del Mar presenta o primeiro packaging reutilizable de España para envío de peixe e marisco

Segue innovando a empresa muradá Fresco y del Mar. Xa os temos traído co seu contra #BlackFriday solidario; polo seu calendario sostible; témoslle lido numerosos artigos sobre a pesca artesanal…
Desta volta, convírtese na primeira empresa española de envío de peixe e marisco en substituir o cartón e o plástico por un embalaxe reutilizable. “Seguimos avanzando en medidas ecolóxicas, porque queremos uns océanos libres de plástico e de poliespán, sans e con futuro”, explica Milucho Louro, responsable de comunicación.
A caixa isotérmica retornable de Correos permite enviar o pedido sen xerar residuos plásticos ou placas de gel. O primeiro envío coincidiu co Día Internacional dos Océanos, o pasado 8 de xuño, viaxando desde Muros a Coslada (Madrid), e pouco a pouco irá introducindo as caixas circulares en todos os seus envíos.
O pedido mantense en frío de forma constante e, unha vez o cliente recolle o seu contido, o repartidor de correos recupera a caixa. A partir de aí, se higieniza e vólvese a utilizar, sen xerar ningún residuo.
Novas relacionadas
- O contra #BlackFriday de “FrescoydelMar”, para Cáritas.
- A pesca artesanal da Galicia Profunda, a antítese do #BlackFriday.
Artigos para calafatear
- Calafateando: Mariñeiro artesanal de polbo: “A veda do polbo é necesaria pero non suficiente” (parte II).
- Mariñeiro artesanal de polbo: “O que temos que facer para poder saír ó mar” (parte I).
- A sostibilidade pesqueira, un compromiso de todos.
- Día Mundial do Medio Ambiente: Os nosos oceános, o noso futuro.
- Redeiras, invisibles pero imprescindibles
- Ola, son breixo, fillo e neto de pescador artesanal.
- Un día na vida dun pescador artesanal.
- Un día especial na vida dun percebeiro.
- Bañistas si. Furtivos… non, grazas!!!.
- Diario dunha mariscadora.
- A veda do polbo: necesaria… pero suficiente?.