Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muros

A pesca artesanal da Galicia Profunda, a antítese do #BlackFriday

O manifesto AntiBlackFriday xa está nas redes. A empresa costeira Fresco y del Mar vén de lanzar unha mensaxe clara: #EunoncomproenBlackFriday.

A campaña, xa apoiada pola Confraría de Muros e o IES de Muros, considera que esta data significa “un venres negro para o planeta”. Fai ademais un paralelismo coa historia da #GaliciaProfunda, sinalando que “a Galicia Profunda non se vende”, e explica que “nós respectamos as temporadas dos alimentos do mar, e cremos no consumo responsable e comprometido”.

Por iso, a súa web frescoydelmar.com, unha das que máis vende a nivel estatal, permanecerá pechada durante o venres, o día do #BlackFriday, e durante esta semana, o 10% da recadación irá para Caritas Muros.

”Os nosos océanos non están de rebaixas”, sinalan invitando a unirse en www.yonocomproenblackfriday.com.

”Black Friday, vai por onde viñeches!”

Artigos para calafatear

 

A pesca artesanal da Galicia Profunda, a antítese do #BlackFriday