Muros acolle un debate sobre a Mina de San Finx ao eluden acodir responsables da Xunta e da empresa
Este sábado, día 2 de decembro de 2023 celébrase en Muros unha mesa debate sobre a «Mina de San Fins». Organizado pola Peña Muradá Celtista Cuadrilla da Pepa Loba, intentaba ser un debate aberto a todas as partes, pero se a Cámara Mineira xustificou a súa ausencia, Augas de Galicia declinou a súa presencia e a empresa mineira nin sequera respondeu á invitación.
Moderará o acto o noso Domingo Guerra, que esta mesma semana nos falaba do evento.
Os que si aceptaron, ademais da alcaldesa de Muros que presidirá o acto, foron o representante dunha organización ecoloxista: Joám Evans; e o representante do sector do mar, e coñecido nas redes polos seus didácticos e comprometidos vídeos, Rogelio Santos Queiruga. Tamén estará a psicóloga María Dosil, como representante social.
Estará a alcaldesa María Lago.