A mina de San Fins

Os que tivemos a sorte de nacer en Muros, preto do mar, e vinculados para sempre ao mar, non entendemos que se poña en perigo o marisqueo, porque constitúe unha forma de vida e unha importante fonte de ingresos para as nosas xentes.
E por iso, consideramos un acerto preservar e defender a nosa ría, porque é un espazo natural único. E por iso, consideramos un acerto reivindicar, ante as Nacións Unidas, que este específico subsector produtivo se considere Patrimonio Cultural Inmaterial pola UNESCO. E por iso, consideramos un acerto que o vindeiro sábado, día 2 de decembro de 2023, se celebre en Muros unha mesa debate sobre a «Mina de San Fins».
O propósito da iniciativa é ben claro: que os principais actores implicados e relacionados coa explotación da mina, poidan confrontar ideas e contrastar datos para que a cidadanía, para que os veciños, teñan información.
Por iso, a Asociación Cultural Recreativa Peña Muradana Celtista Cuadrilla de Pepa a Loba, que preside Marco Loxo, organizou a mencionada mesa/debate á que foron convidados un representante da empresa da mina que ten a concesión, outro da Cámara Mineira de Galicia e, tamén, un representante de Augas de Galicia; así como un representante dunha organización ecoloxista, un representante do sector do mar, e outra persoa representativa doutros colectivos veciñais da ría de Muros e Noia.
Ata o momento de escribir este artigo, a empresa mineira non respondeu á invitación; Augas de Galicia declinou participar e desde a Cámara Mineira de Galicia xustificaron a imposibilidade de asistir.
Os que si aceptaron, ademais da alcaldesa de Muros que presidirá o acto, foron o representante dunha organización ecoloxista: Joám Evans; e o representante do sector do mar: Rogelio Santos Queiruga.
Pola amizade que nos une desde a máis tenra infancia, non puiden rexeitar a invitación do meu querido amigo Marco Loxo, para moderar este debate. Oxalá teña a capacidade para manterme equidistante das diversas posicións e consiga levar a bo porto esta difícil tarefa.
- Domingo Guerra. Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Máis novas sobre a mina de San Finx
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Dúas cuestións sobre a autovía AG 55 da Costa da Morte
- Continuamos perdendo poboación
- Porque nos afecta e nos importa
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».