Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muros acolleu un simbólico e comprometido Cume de Alcadesas

Muros acolleu un simbólico e comprometido Cume de Alcadesas
Maria Xose Alfonso fixo de anfitriona na II Cume de alcaldesas Maria Xose Alfonso, de verde, fixo de anfitriona na II Cume de alcaldesas celebrado en Muros

Despois da completa axenda de actos e de folgas do #8demarzo, Muros continuou celebrando o Día Internacional da Muller cun simbólico evento. O II Cume de Alcaldesas celebrábase en Muros o pasado venres. A alcaldesa local María Xosé Alfonso, despois de completar un día de folga e de concentracións, fixo de anfitriona na visita das rexedoras de Cambados, Fátima Abal Roma; Lousame, Mª Teresa Villaverde Pais; Moaña, Leticia Santos Paz; e Moeche, Beatriz Bascoy Maceiras. Ao longo do día incorporaronse a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez e a alcaldesa de Outes, Mª Beatriz Molinos Vidal.

Na primeira parte do Cume compartiron experiencias e traballaron en relación ao empoderamento feminino na política.

II Cume de Alcaldesas coas alumnas cos IES de Muros II Cume de Alcaldesas coas alumnas cos IES de Muros

A segunda parte do cume foi aínda máis produtiva en clave formativa, pois contou coa presenza do alumnado de 3º e 4º dos IES Plurilingüe Fontexería e IES As Insuas. Estas mozas e mozos formularon interesantes temas a tratar coas alcaldesas. Algúns destes temas estaban relacionados cos programas de igualdade se realizan nos concellos, a repercusión da folga do 8M na política, o papel do home ante a igualdade, os micromachismos, etc.

Ademais, a sesión culminou coa proxección do filme Llueven vacas e un pequeno debate ao remate.

Mesa do II Cume de Alcaldesas de Muros Mesa do II Cume de Alcaldesas de Muros

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios