Muros arrinca o seu Mercado Mariñeiro abrindo o prazo de inscricións

09:27 03/05/14

10 anos xa dende que nacera o Mercado Mariñeiro “Muros mira ao Mar”. Esta X edición levarase a cabo os días 4, 5 e 6 de xullo, e dende a organización xa abren o prazo, ata o 20 de maio, para os que queiran montar un posto, como hai pouco realizaron os organizadores do Asalto ao Castelo de Vimianzo, outras das festas costeiras que aposta pola artesanía.
Unha festa singular, sen dúbida a muradá. Xa o comprobamos o o ano pasado, co fermosamente engalanada que se pon a vila mariñeira, que se ve invadida polas charlas, exposicións, teatro e música de rúa, festival musical, obradoiros, mostras, gastronomía, artesanía…

Esperando xa estamos de que chegue, pero mentres a vila segue disfrutando da Mostra de Teatro Agrelo que xa ten cartel:

Máis información
Novas relacionadas
- Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14.
- Xornadas Muros Mira ao Mar 2013: O Muros mariñeiro viaxou no tempo.
- Freixo 2013: “Percibimos un chisco máis de sensibilidade co patrimonio marítimo, pero non a suficiente”.
- Xornadas 2011: Unha visión mariñeira dende o corazón de Muros.
- Xornadas 2011: Muros levou o mar ás súas rúas.
- Xornadas 2010: Muros sabe a mar.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).