Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muros celebra o Día da Música con dous espectáculos de teatro musical

Papagena en Muros
Muros celebra o Día da Música con dous espectáculos de teatro musical

Completa fin de semana a que se ven enriba en Muros co gallo do Día da Música (22 de novembro). A programación teatral do Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle doble función.

A O sábado 12 de novembro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “Papagena”, unha ópera contemporánea de Iago Hermo. Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou no formulario.

Ademais o sábado 19 chega a Muros “Divertimentos”, un espectáculo para público familiar que combina a música co novo circo.

Comentarios